Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, mediante procedemento aberto, concurso público e tramitación ordinaria dos expedientes 20, 21 e 28/2000.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 do abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca os seguintes concursos:

* Expediente: 20/2000:

1. Obxecto: subministración sucesiva de material de banco de sangue e transfusión.

2. Orzamento: 13.405.824 ptas., 80.570,63 euros, IVE incluído.

* Expediente: 21/2000:

1. Obxecto: subministración sucesiva de material para determinacións de recontos hematolóxicos.

2. Orzamento: 27.950.000 ptas., 167.982,89 euros, IVE incluído.

* Expediente 28/2000:

1. Obxecto: subministración sucesiva de material para determinacións de coagulación.

2. Orzamento: 24.077.500 ptas., 144.708,69 euros, IVE incluído.

As condicións que rexerán tódolos expedientes relacionados son:

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato e ata o 31-12-2000, podendo prorrogarse expresamente logo do acordo das partes, e dentro dos límites do artigo 199.1º da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Admisión de variantes: admitirase como máximo unha variante por artigo.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver folla de especificacións (punto 7).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de Loxística/Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 60 23 e fax: 986 81 60 65.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, económica e referencias técnicas descritas no PCAP.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios dos contratos.

Vigo, 29 de febreiro de 2000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo