Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/39-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. rúa Ramón Franco.

Situación: O Rosal.

Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 22 m de lonxitude, con conductor tipo

R.H.V., desde a L.M.T. Acevedo ata o C.T. que se proxecta na rúa Ramón Franco, no concello do Rosal. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 138 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 18 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra