Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil por danos causados a terceiros e unha póliza colectiva de accidentes corporais derivadas das actividades levadas a cabo polos alumnos de formación profesional na realización de prácticas en empresas.

En cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que o secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 21 de xuño de 1996, acordou darlle publicidade á adxudicación que se identifica a seguir:

Entidade adxudicataria: Plus Ultra Compañía de Seguros y Reaseguros.

Importe: 8.500.000 ptas.

Prazo: do 1 de xaneiro de 2000 ó 30 de setembro de 2001.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2000.

Maximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria