Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.846

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 28 de febreiro de 2000 pola que se corrixe a do 7 de xullo de 1999 pola que se aproban os temarios que rexerán os programas das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados e se procede á reapertura do prazo de presentación de instancias previsto na base I.3.2. da Orde do 21 de decembro de 1999, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso na citada escala.

No Diario Oficial de Galicia nº 139, do 21 de xullo, e 248, do 27 de decembro de 1999 publicáronse, respectivamente, os temarios e a convocatoria do proceso selectivo correspondente ó corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados.

Detectados erros nas citadas ordes e suscitadas dúbidas interpretativas con respecto ó contido do artigo 17.4º do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, en relación co Decreto 95/1991, do 20 de marzo, esta consellería, en uso das facultades previstas na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Proceder á corrección de diversos erros detectados na Orde do 7 de xullo de 1999 pola que se aproban os temarios que rexerán os programas das probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados (Diario Oficial de Galicia nº 139, do 21 de xullo), do xeito que segue:

Na materia de dereito civil:

Tema 4.-Onde di: «erro de feito», debe dicir: «erro de dereito».

Tema 7.-Onde di: «A personalidade: adquisición e extensión», debe dicir: «A personalidade: adquisición e extinción».

Tema 10.-Onde di: «Extensión e destino do seu patrimonio» debe dicir: «Extinción e destino do seu patrimonio».

Tema 11.-Onde di: «Bens de dominio público e propiedade privada» debe dicir: «Bens de dominio público e de propiedade privada».

Tema 16.-Onde di «influencias», debe dicir: «influencia».

No tema 20 debe suprimirse «"A renuncia».

Tema 47.-Onde di: «efectos personis»; debe dicir: «efectos persoais».

Na materia de dereito procesual:

Tema 6.-Onde di: «Recusacións: causas, procedemento e resolución delas»; debe dicir: «Recusacións: causas, procedemento e resolución».

Tema 22.-Onde di: «xuízos de alimentos provisionais»; debe dicir: «xuízo de alimentos provisionais».

Tema 33.-Onde di: «disposiciones comúns», debe dicir: «disposicións comúns».

Na materia de dereito hipotecario:

No tema 4.-Onde di: «exame artigo 9 da Lei hipotecaria»; debe dicir: «exame do artigo 9 da Lei hipotecaria».

No tema 7.-Onde di: «Cousas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria. Artigo 106 e seguintes»; debe dicir: «cousas e dereitos que poden ser gravados con hipoteca inmobiliaria: artigo 106 e seguintes».

No tema 11.-Onde di: «Efectos da ratificación»; debe dicir: «Efectos da rectificación».

Na materia de dereito administrativo:

No tema 3.-Onde di: «órganos de potestade regulamentaria»; debe dicir: «órganos con potestade regulamentaria».

No tema 4.-Onde di: «os actos administrativos xeras e as circulares e instruccións»; debe dicir: «os actos administrativos xerais; as circulares e instruccións».

No tema 8-Onde di: «Execución de sentencias pola propia Administración»; debe dicir: «Execución de sentencias pola Administración».

No tema 18.-Onde di: «os actos reparables»; debe dicir: «os actos separables».

Na materia de Facenda pública:

No tema 12.-Onde di: «Garantías do crédito hipotecario»; debe dicir: «Garantías do crédito tributario».

Segundo.-Suscitadas dúbidas interpretativas con respecto ó contido do artigo 17.4º do Decreto 370/1992, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento orgánico da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia, en relación co Decreto 95/1991, do 20 de marzo, relativo ó Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e demais normativa concordante e en aras dunha estricta seguridade xurídica, pola presente orde reábrese o prazo de presentación de instancias previsto na base I.3.2. da Orde do 21 de decembro de 1999, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), escala de letrados (Diario Oficial de Galicia nº 248, do 27 de decembro) para aqueles interesados que reunindo os requisitos esixidos, non o fixeran con anterioridade, podendo presenta-las solicitudes, nos lugares indicados na citada base, no prazo de 20 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación

desta orde no Diario Oficial de Galicia e dirixidas ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.- Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo

de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contando desde a mesma data, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública