Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.813

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000 pola que se somete a información pública o proxecto denominado Solucións ó problema dos asolagamentos da Terra Chá. Fases I e II, zona A Terra Chá oeste (Begonte, Outeiro de Rei e Guitiriz), e mailo seu estudio ambiental.

Por resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 6 de marzo de 2000, aprobouse tecnicamente o proxecto denominado Solucións ó problema dos asolagamentos da Terra Chá. Fases I e II, zona A Terra Chá oeste (Begonte, Outeiro de Rei e Guitiriz).

Consecuentemente, e para os efectos do prevido na Lei de expropiación forzosa, sométese a información pública o devandito proxecto durante un período de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última das publicacións que deste anuncio se farán no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia, BOP de Lugo e nun diario dos de maior circulación desta provincia, co obxecto de que toda persoa física ou xurídica que se considere interesada no expediente de referencia poida examinalo, en horas hábiles de oficina, nas dependencias do organismo autónomo Augas de Galicia en Santiago de Compostela (edificios administrativos San Caetano, s/n), nas do Servicio Territorial da Demarcación das Cuncas Intercomunitarias de Augas de Galicia en Lugo (Ronda da Muralla, 131), así como nos concellos lucenses de Begonte, Guitiriz e Outeiro de Rei e nas dependencias da Confederación Hidrográfica del Norte en Lugo (Ronda da Muralla, 131).

De consideralo oportuno, as devanditas persoas poderán formular cantas observacións estimen pertinentes en relación co proxecto exposto, dirixidas á Presidencia de Augas de Galicia durante o período de exposición pública.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública, durante o mesmo período de tempo, o estudio de efectos ambientais contido no proxecto refe

renciado, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e no Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia. O devandito estudio estará exposto para estes efectos nos lugares citados e na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo (Ronda da Muralla, 197).

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo

Augas de Galicia