Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector do comercio da pel da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 2000 do convenio colectivo do sector do comercio da pel da provincia da Coruña (código 1500315), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-2-2000, subscrito en representación pola comisión paritaria do convenio integrada pola parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios del Comercio del Calzado, e, da parte social, por UGT, CC.OO., CIG e USO, o día 28-1-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 15 de febreiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial do comercio da pel

Acta

Asistentes:

Parte empresarial:

Vicente Villar Pispieiro.

Francisco Mosteiro Ponce.

Francisco J. González Outumuro.

Parte social:

Carmen Iglesias Almeida (UGT).

José Ramón Grela Castro (CC.OO.).

Lois Soto Sabio (CIG).

Ricardo Rodríguez Rodeiro (USO).

Na Coruña, ás 10 horas do día 28 de xaneiro de 2000, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo provincial para as empresas do sector do comercio da pel.

O único punto é a elaboración das táboas salariais para o ano 2000 en aplicación do artigo 5 do convenio.

Acórdase:

1. Aplica-la cláusula de garantía correspondente a 1999, incrementado a táboa salarial nun 1,1%.

2. Acórdase elabora-las mencionadas táboas para o ano 2000, incrementando o 2% por se-lo IPC previsto para o Goberno, mailo 1,5% estipulado no convenio en tódolos conceptos económicos.

3. Aproba-las táboas que se xuntan para a súa publicación no BOP.

E, non habendo máis asuntos que tratar, deuse por rematada a reunión, ás 11.30 horas da data arriba indicada.

Convenio colectivo para as empresas do sector do comercio da pel da provincia da Coruña

CategoríaSalariosCómputo anual

Axudante88.143 ptas.1.393.437 ptas.

Dependente de 22 a 24 anos90.451 ptas.1.428.057 ptas.

Dependente maior de 25 anos97.667 ptas.1.536.297 ptas.

Xefe de sección103.165 ptas.1.618.767 ptas.

Xefe de almacén120.259 ptas.1.875.177 ptas.

Xefe de sucursal120.259 ptas.1.875.177 ptas.

Encargado xeral137.270 ptas.2.130.342 ptas.

Encargado de compras e vendas109.470 ptas.1.713.342 ptas.

Mozo de almacén88.143 ptas.1.393.437 ptas.

Corredor de praza102.695 ptas.1.611.717 ptas.

Auxiliar de caixa de 18 a 20 anos88.143 ptas.1.393.437 ptas.

Auxiliar de caixa de 20 a 22 anos89.157 ptas.1.408.647 ptas.

Auxiliar de caixa de 22 a 25 anos91.316 ptas.1.441.032 ptas.

Auxiliar de caixa de máis de 25 anos92.183 ptas.1.454.037 ptas.

Contable caixeiro102.981 ptas.1.616.007 ptas.

Xefe administrativo126.460 ptas.1.968.192 ptas.

Oficial administrativo97.671 ptas.1.536.357 ptas.

Auxiliar administrativo88.143 ptas.1.393.437 ptas.

Escaparatista98.813 ptas.1.553.487 ptas.

Complemento de transporte5.491 ptas.