Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.765

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de marzo de 2000 pola que se clasifica como de interese industrial a Fundación Instituto Ferial de Vigo (Ifevi).

Visto o expediente de clasificación da Fundación Instituto Ferial de Vigo (Ifevi), con domicilio en Vigo, en Avenida do Aeropuerto s/n, Cotogrande.

Supostos de feito.

1. Ángel Viñas Vila, en representación da fundación, en escrito do 9 de febreiro de 2000, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo, o día 6 de maio de 1998, ante o notario Mariano Vaqueiro Rumbao, co número novecentos trinta e sete do seu protocolo, por Antonio Couceiro Méndez, Manuel Pérez Álvarez, Marcial Garcinuño Sáez, Manuel Abeledo López, Fernando Conde Montero-Ríos, Guillermo Alonso Jáudenes, que actúan no exercicio dos seus respectivos cargos e interveñen por razón dos seus cargos, Antonio Couceiro Méndez en representación da Xunta de Galicia, Manuel Pérez Álvarez en representación do Concello de Vigo e, ademais, en representación da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, Manuel Abeledo López, como presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Fernando Conde Montero-Ríos en representación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo e Guillermo Alonso Jáudenes en representación da Confederación de Empresarios de Pontevedra; esta escritura foi emendada por outra posterior do 28 de decembro de 1999, outorgada en Vigo

ante o mesmo notario e co número de protocolo dous mil novecentos cincuenta e un.

3. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos, o obxecto da fundación é, entre outros, a promoción de actividades comerciais, industriais, agroindustriais, sociais, educacionais, culturais e calquera outra que teña por obxecto a promoción e o desenvolvemento destes sectores en Galicia, o nivel profesional de tódolos sectores da actividade económica, contribuíndo con isto á elevación do nivel de vida do medio urbano e rural.

4. O padroado da fundación estará integrado polos membros indicados no artigo 12 dos seus estatutos.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese industrial da Fundación Instituto Ferial de Vigo (Ifevi), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do

Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese industrial e a súa adscrición á Consellería de Industria e Comercio.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 29 de febreiro de 2000.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese industrial a Fundación Instituto Ferial de Vigo (Ifevi) e adscribila á Consellería de Industria e Comercio, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública