Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.680

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO DAS MARIÑAS (A CORUÑA)

ANUNCIO.

Os nove concellos integrantes do Consorcio das Mariñas (A Coruña) -Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada-, na asemblea que tivo lugar o día 18 deste mes, acordaron aprobar provisionalmente os seus estatutos.

De conformidade co disposto no artigo 140 da Lei de administración local de Galicia, ábrese o prazo de información pública durante un mes a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio (no BOP ou no Diario Oficial de Galicia), co obxecto de que os interesados poidan examina-los estatutos na secretaría xeral de calquera dos concellos integrantes do consorcio.

Durante este prazo poderanse formula-las alegacións que coiden oportunas e presentalas no rexistro xeral do Concello de Culleredo.

Culleredo, 21 de febreiro de 2000.

Julio Sacristán de Diego

Presidente da Comisión Xestora Consorcio

Contraincendios