Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da asistencia técnica para o mantemento e programación do sistema de xestión municipal Ágora, durante o período comprendido entre o 1 de abril de 2000 e o 31 de marzo de 2003. (Expediente 00/1192 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: asistencia técnica para o mantemento e programación do sistema de xestión municipal Ágora.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña ou lugares que esta indique.

Prazo de execución: 1 de abril de 2000 ó 31 de marzo de 2003.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento 1ª anualidade: 15.000.000 de pesetas= 90.151,82 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 600.000 ptas.= 3.606,07 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións: data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de marzo de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña