Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15009 A Coruña.
Denominación: R.B.T. A Torre Branca-Aríns.
Situación: Santiago de Compostela.
Características técnicas: reforma rede de baixa tensión, do C.T. A Torre Branca, en conductor R.Z. e de 270 m de lonxitude, na parroquia de Aríns. Concello de Santiago de Compostela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 11 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña