Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T., C.T. Bens.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: rede de baixa tensión do C.T. Bens, para o fogar Santa Lucía, en conductor R.Z. e de 320 m de lonxitude. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 11 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña