Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.662

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Acordo do 27 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade da urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 99/2-4).

Advertido erro no devandito acordo publicado no DOG nº 42, do mércores un de marzo de 2000, é necesario efectua-la seguinte rectificación:

Na páxina 2.799, parágrafo sete, onde di: «concellos de Forcarei, Cercedo, Cotobade e A Lama», debe dicir: «Forcarei, Lalín e Silleda.».