Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 16 de marzo de 2000 Páx. 3.659

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo da Empresa Pereira, S.L.

Visto o expediente da revisión salarial e a modificación dos artigos 9, 10 e 12 do convenio colectivo para Empresa Pereira, S.L., con nº de código 3601842, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-2-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, en data 28-1-2000. De conformidade co disposto no artigo 4 do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó-

noma de Galicia, en materia de traballo, esta delegacio provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de febreiro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta

Asistentes:

José Agustín Pereira Fernández, xerente de Empresa Pereira, S.L.

Manuel Cores Santiago, delegado de persoal (UGT).

En Vilagarcía de Arousa, ás 10 horas do día 28 de xaneiro de 2000, reúnense nos locais de Empresa Pereira, S.L., sitos na rúa Santa Eulalia, 17, de Vilagarcía de Arousa, o representante dos traballadores e a dirección da empresa, para proceder á revisión anual do convenio colectivo para esta empresa.

Aberta a sesión, as partes dan a coñece-las súas respectivas representacións. Pola empresa, José Agustín Pereira Fernández, xerente desta e, polos traballadores, Manuel Cores Santiago, delegado de persoal por UGT.

De acordo co artigo 4 do convenio colectivo para esta empresa, en vigor, procede incrementar para o ano 2000 tódolos conceptos salariais nunha porcentaxe igual ó IPC do ano 1999 máis un punto. Como o IPC real do ano 1999 foi do 2,9%, modifícanse, incrementándoos nun 3,9%, os conceptos salariais dos artigos 9, 10 e 12 do texto, así como a táboa salarial. Inclúense como anexos a esta acta os novos textos e a táboa salarial.

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás doce horas do día e no lugar arriba indicados, do que as partes dan fe.

Asdo.: José Agustín Pereira Fernández,

xerente de Empresa Pereira, S.L.

Asdo.: Manuel Cores Santiago,

delegado de persoal (UGT)

Artigo 9º.-Complemento de quebranto de moeda.

O conductor perceptor, o día que realice un mínimo de dúas horas da súa xornada laboral as funcións de conductor e cobrador, percibirá un complemento de 113 pesetas en concepto de quebranto de moeda.

Artigo 10º.-Complemento de transporte.

Como compensación dos gastos que o persoal da empresa ten que efectuar para trasladarse ó centro de traballo, establécese un complemento de transporte ou asistencia, para tódalas categorías profesionais, de 170 pesetas por cada día efectivo traballado.

Artigo 12º.-Traballo en domingos e festivos.

Os domingos e festivos que, por necesidades do servicio se traballe e o seu descanso se produza outro día da semana, aboaránselle coa cantidade de 1.974 pesetas a cada traballador, independentemente da súa antigüidade e categoría profesional.

No caso de que excepcionalmente non se puidese desfrutar este descanso en cómputo mensual, cobrarase co incremento do 140%.

Táboa salarial (1 de xaneiro de 2000)

Xefe de persoal126.180 ptas./mes1.027 ptas./hora
Xefe de tráfico126.180 '' 1.027 ''
Administrativo115.110 '' 949 ''
Auxiliar administrativo101.250 '' 850 ''
Inspector3.447 ptas./día 935 ''
Conductor3.416 '' 893 ''
Conductor-perceptor3.416 '' 893 ''
Cobrador2.940 '' 849 ''
Mecánico oficial 1ª3.447 '' 935 ''
Mecánico oficial 2ª3.110 '' 849 ''
Mozo2.961 '' 849 ''
Engraxador/lavacoches2.961 '' 849 ''