Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de instalación de tratamento de residuos sanitarios, situado no concello de Lugo (provincia de Lugo) e promovido por Policlínico Lucense, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 4 de outubro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), e durante o prazo de trinta días hábiles, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental do proxecto de instalación de tratamento de residuos sanitarios situado no concello de Lugo, provincia de Lugo.

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposisición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta días contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental