Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 52 Mércores, 15 de marzo de 2000 Páx. 3.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000 pola que se notifica a resolución do recurso ordinario interposto contra a resolución recaída no expediente de costas 84.3/1994 de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que figura no anexo, a dita resolución.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa e na súa contra procederá, de se-lo caso, o recurso contencioso-administrativo para interpoñer, á elección do recorrente, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo do lugar onde teña o seu domicilio o recorrente, ou perante o Xulgado

do Contencioso-Administrativo da cidade de Pontevedra, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación.

Santiago de Compostela, 17 febreiro de 2000.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Procedemento sancionador de costas: Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de costas.

Expediente número: 84.3/1994 de Pontevedra.

Denunciado: Emilio Santos López.

Último enderezo coñecido: Praia da Pasaxe-O Terrón, Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Resolución do recurso ordinario:

Data: 16 de decembro de 1999.

Contido da resolución contra a que se recorren: sanción con multa de cento setenta e tres mil duascentas cincuenta e nove ptas., (173.259 ptas.), e orde de torna-los terreos nos que se executou a obra ó seu primitivo estado.

Resolución do recurso: desestimado, confirmando a resolución en tódolos seus termos.