Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 14 de marzo de 2000 Páx. 3.437

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o período comprendido entre o 1 de abril de 1998 e o 31 de marzo de 1999 no convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira da provincia da Coruña.

Visto o expediente de revisión salarial para o período comprendido entre o 1-4-1998 e o 31-3-1999 no convenio colectivo do sector da carpintería de ribeira da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 3-2-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresas de Carpintería de Ribera e, da parte social, por UGT, CIG e CC.OO., o día 13-7-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto

2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de febreiro de 2000.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, sendo as dezaoito horas do día 13 de xullo de 1998, nos locais da Asociación de Empresarios de Carpintería de Ribera, sitos na praza de Mina, nº 1 , 3º esquerda, da Coruña.

Están presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de carpintería de ribeira da provincia da Coruña.

O motivo é darlles cumprimento ó artigo 4º do convenio colectivo provincial e á disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal no referente á revisión salarial para o ano 1998.

Acordan.

Incrementar tódolos conceptos económicos, agás o de antigüidade, nun 1,8% ó ser este o IPC oficial dos últimos doce meses.

Este incremento terá carácter retroactivo desde o 1 de abril de 1998.

Nestes termos queda aprobado por unanimidade o incremento do convenio colectivo referido ó sector de carpintería de ribeira da provincia da Coruña, que presentará calquera das partes coa sinatura dos compoñentes desta comisión, para a súa entrega e posterior rexistro na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Pola Asociación Empresarial de Carpintería de Ribera:

Domingo Lago Martínez.

Eugenio Manuel Romero Senande.

Gerardo Triñanes Fernández.

Pola parte social:

Jesús María Calvo Romero (UGT).

Indalecio López Rodríguez (CIG).

Santiago Huertas Pozurama (CC.OO.).

Táboas salariais

(Período 1-4-1998-31-3-1999)

MesDía

Encargado103.3933.399

Oficial de primeira 99.3763.267

Oficial de segunda 97.2443.197

Axudante 90.8072.985

Peón 89.0402.927

Complemento de transporte14.869

Conceptos económicos de antigüidade (xa integrados no salario base).

Encargado1.180

Oficial de primeira1.134

Oficial de segunda1.112

Axudante1.043

Peón1.001

Remuneración en cómputo anual.

Encargado1.627.774

Oficial de primeira1.569.692

Oficial de segunda1.539.844

Axudante1.449.726

Peón1.424.988