Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.412

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2000, da Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se anuncia o concurso público 1/2000, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da organización do arquivo do Hospital Comarcal Valdeorras.

A Dirección Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación, polo procedemento aberto, mediante concurso público e tramitación urxente, da contratación do servicio de organización do arquivo do Hospital Comarcal Valdeorras.

Obxecto e orzamento.

A contratación do servicio de organización do arquivo do Hospital Comarcal Valdeorras, adquisición do material necesario para arquiva-la documentación clínica no novo arquivo, e traslado da documentación clínica das instalacións actuais ás novas de Hospital Comarcal Valdeorras por un orzamento máximo de 7.000.000 de ptas., IVE incluído, 42.070,85 euros, IVE incluído.

Prazo de execución.

A execución realizarase nun máximo de tres meses, contados desde o inicio da prestación.

Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poderán ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, rúa Conde Fenosa nº 50 do Barco de Valdeorras (código postal 32300). Teléfono: 988 33 90 05.

Fianzas.

Deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación , por un importe de cento corenta mil pesetas (140.000 ptas. 841,42 euros), e unha fianza definitiva do 4% do orzamento. As ditas fianzas constituiranse segundo o disposto nos artigos 36 e 37 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (en adiante, LCAP).

Solvencia económica e financeira.

Xustificarase por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19).

Solvencia técnica.

Xustificarase por algún medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio (BOE do 19).

Clasificación.

Non se precisa.

Criterios de adxudicación.

Prezo: ata 50 puntos.

Mellora na organización: ata 40 puntos.

Tempo de execución: ata 10 puntos.

Admisión de variantes.

Os licitadores poderán introducir nas súas proposicións varias alternativas, que co mesmo ou distinto prezo, pero sempre igual ou inferior ó orzamento de licitación, incorporasen, para a súa presentación, solucións adicionais as definidas nas prescricións técnicas, as cales se consideran como mínimas e imprescindibles.

Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e lacrados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Servicio de Subministracións do Hospital Comarcal Valdeorras, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. Tamén poderán presentarse por correo, dirixidas ó órgano de contratación, debendo xustifica-lo licitador a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos do Hospital Comarcal Valdeorras ás 11 horas do día seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposición terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberan achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios.

Os anuncios deste concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

O Barco de Valdeorras, 24 de febreiro de 2000.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras