Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo coñecido sinalados no anexo, o acordo de incoación do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
Concédeselle o prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación ó acordo ante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, alegando por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, achegando ou propoñendo as probas que crean oportunas para o seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por evacuado o trámite seguindo o seu curso o expediente.
Para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 7 de febreiro de 2000.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa de Área Provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente de desafiuzamento: 73/1999 (ocupación sen título).
Expedientado: Mª José Fernández Lijó.
Último domicilio coñecido: rúa Pintor Carlos Maside, nº 26, 2º D, Polígono de Vite (Santiago de Compostela).
(Expediente -C-3-IV/75, conta 100)