Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se revoga a do 8 de febreiro de 2000, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da execución das obras de repoboación, tratamentos silvícolas e mellora da infraestructura no monte San Lois e Armada e outros, pertencentes ós concellos de Noia, Porto do Son e Lousame (A Coruña).

Revogada a resolución pola que se aprobaba o expediente de contratación para a execución das obras de repoboación, tratamentos silvícolas e mellora da infraestructura no monte San Lois e Armada e outros, pertencentes ós concellos de Noia, Porto do Son e Lousame (A Coruña), fundamentándose en razóns técnicas por replanteamento do proxecto aprobado, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Revoga-la Resolución do 8 de febreiro de 2000 pola que se anunciou a licitación, deixando sen efecto o anuncio do concurso e a apertura de proposicións referentes a el.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente