Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 10-1-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Painceiros, 2578.1.

Visto o Decreto 327/1991, do 4 de outubro (DOG do 15 de outubro) de avaliación de efectos ambientais para Galicia, a delegada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, ó Acordo do 10-1-2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de efectos ambientais do proxecto de explotación de granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación nomeada Painceiros 2578.1, sita en terreos dos termos municipais de Cerdedo, A Estrada e Campolameiro, provincia de Pontevedra, promovido por Maceiras Filloy, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 1,5542 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 9 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 33' 40'', 42º 34' 40'' norte, e polos meridianos 8º 28' 00'', 8º 29' 00'' oeste, que foi incorporada ó expediente da concesión Painceiros 2578.1, encontrándose o expediente á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra