Rematado o proceso selectivo, convocado por Resolución do 11 de xuño de 1999 (DOG do 6 de xullo), pola que se convocan probas selectivas para o ingreso por promoción interna na escala técnica de xestión da Universidade de Vigo e á vista da proposta elevada a este rectorado polo tribunal cualificador.
Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, consonte co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e nos estatutos da Universidade de Vigo.
Este rectorado
RESOLVEU:
Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala técnica de xestión da Universidade de Vigo os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo, ordenados consonte a puntuación acadada.
Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionario de carreira, os interesados deberán prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Os funcionarios nomeados continuarán tendo como destino definitivo o posto que tiveran adxudicado con tal carácter no momento da súa toma de posesión.
Terceiro.-De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, para tomar posesión o persoal nomeado deberá realizar declaración expresa ou realiza-la opción prevista na devandita lei.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro,
modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 21 de febreiro de 2000.
Domingo Docampo Amoedo
Rector da Universidade de Vigo
ANEXO
ORDE NOME DNI
1 MANUEL CASTRO OLIVA 34.939.043 2 XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ VIÑA 33.302.824