Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.394

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2000 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de xestión da Universidade de Vigo.

Rematado o proceso selectivo, convocado por Resolución do 11 de xuño de 1999 (DOG do 6 de xullo), para a provisión de dez prazas polo sistema de promoción interna para o ingreso na escala de xestión da Universidade de Vigo e á vista da proposta elevada a este rectorado polo tribunal cualificador.

Verificado o cumprimento dos requisitos esixidos nas bases da convocatoria, consonte co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal

da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, na Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e nos estatutos da Universidade de Vigo.

Este rectorado

RESOLVEU:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala administrativa da Universidade de Vigo os aspirantes aprobados que se relacionan no anexo, ordenados consonte a puntuación acadada.

Segundo.-Para adquiri-la condición de funcionario de carreira, os interesados deberán prestar xuramento ou promesa, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Os funcionarios nomeados continuarán tendo como destino definitivo o posto que tiveran adxudicado con tal carácter no momento da súa toma de posesión.

Terceiro.-De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ó servicio das administracións públicas, para tomar posesión o persoal nomeado deberá realizar declaración expresa ou realiza-la opción prevista na devandita lei.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Así e todo, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta, ante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de conformidade co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 21 de febreiro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

ORDENOMEDNI

136.053.472PÉREZ MARTÍNEZ, Mª CARMEN
236.043.488REIGOSA ALONSO, Mª TERESA
334.957.986RODRÍGUEZ CENDÓN, Mª CRISTINA
434.965.352LÓPEZ ABEL, JOSÉ ALBERTO
534.974.171VÁZQUEZ LOSADA, Mª ELENA
634.950.699FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, Mª RAQUEL
734.928.213JOGA LASALA, Mª DEL PILAR
8 36.101.015GONZÁLEZ HERNÁNDEZ, MARGARITA
936.069.600COGOLLUDO FERNÁNDEZ, MARTA
1034.923.732MARTIÑÁ PÉREZ, ELDA