Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.392

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a Clara Asunción Tovar Rodríguez (praza 7/1999).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 9 de marzo de 1999 (BOE do 2 de abril) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de física aplicada, do departamento de Física Aplicada, a favor de Clara Asunción Tovar Rodríguez, con documento nacional de identidade número 34.940.844 e cumprindo a interesada os requisitos do punto 2º do artigo 51 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto,

de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Clara Asunción Tovar Rodríguez profesora titular de universidade da área de coñecemento de fisica aplicada, do departamento de Física Aplicada.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 14 de febreiro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo