Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.392

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2000 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, a Andrés Elías Feijóo Lorenzo (praza 14/1999).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución desta universidade do 26 de marzo de 1999 (BOE do 27 de abril) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica, a favor de Andrés Elías Feijóo Lorenzo, con documento nacional de identidade número 36.059.550 e cumprindo o inte

resado os requisitos do artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Andrés Elías Feijóo Lorenzo profesor titular de universidade da área de coñecemento de enxeñería eléctrica, do departamento de Enxeñería Eléctrica.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 11 de febreiro de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo