Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 13 de marzo de 2000 Páx. 3.380

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 9 de marzo de 2000 sobre regulación e convocatoria do curso para a integración do persoal nas escalas informáticas.

Os artigos 16, 17 e 18 da Lei 15/1991, do 28 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1992, ó amparo do disposto no artigo 20 da Lei 4/1988, da función pública de Galicia, crearon as seguintes escalas de funcionarios dentro dos corpos e grupos que a continuación se indican:

-Corpo superior da Administración da Xunta. Grupo A: escala de sistemas e tecnoloxía da información.

-Corpo de xestión da Administración da Xunta. Grupo B: escala de xestión de sistemas de información.

-Corpo administrativo da Xunta de Galicia. Grupo C: escala técnica auxiliar de informática.

De conformidade co establecido na disposición adicional sétima da Lei 15/1991, polo Decreto 290/1995, do 3 de novembro, e a Orde do 30 de setembro de 1996 (DOG nº 196, do 7 de outubro), regulouse o procedemento de integración nas citadas escalas, establecendo nos seus artigos 2 e 4 que a integración se levará a efecto trala superación dun curso de adaptación que se establecerá por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Pola súa parte, o artigo 3 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública na súa redacción dada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, atribúe a esta a competencia para organizar e impartir cursos selectivos de formación e cursos complementarios de formación de carácter non selectivo subseguintes ás probas selectivas para o acceso á condición de funcionarios ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma.

Con data do 23 de febreiro de 2000, a Consellería da Presidencia e Administración Pública e a Escola Galega de Administración Pública asinaron un convenio de colaboración para o desenvolvemento e cofinanciamento dos cursos de integración nas escalas de informática.

En consecuencia, a Consellería da Presidencia e Administración Pública

DISPÓN:

Artigo 1º

O persoal ó que alude o Decreto 290/1995, que solicitase e cumprise os requisitos para a integración provisional nas escalas de informática, poderá integrarse definitivamente nelas de acordo co procedemento que a continuación se describe.

Deberán superar un curso de adaptación, de acordo co disposto no artigo 2.4º do Decreto 290/1995, coas materias que se especifican no anexo I.

Artigo 2º

Convócanse os funcionarios relacionados no anexo II desta á realización dos referidos cursos que terán comezo o próximo día 27 de marzo, das 16.30 ás 20.30 horas e coa duración que se expresa:

-Grupo A: escala de sistemas e tecnoloxía da información (84 horas lectivas).

-Grupo B: escala de xestión de sistemas de información (64 horas lectivas).

-Grupo C: escala técnica auxiliar de informática (44 horas lectivas).

Na Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Artigo 3º

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas actividades do curso. A ausencia debidamente xustificada deberá ser autorizada polo responsable do curso.

A falta de asistencia inxustificada ó 10% ou máis das horas lectivas do curso determinará a cualificación de non apto. En calquera caso, será requisito indispensable para a superación do curso a asistencia, alomenos, ó 80% das horas lectivas asociadas para cada grupo.

Artigo 4º

Os cursos terán por finalidade servir de instrumento para acredita-la preparación e capacidade técnica dos funcionarios no cumprimento das tarefas propias da escala de informática correspondente.

Para a superación do curso deberase acredita-lo coñecemento das materias específicas mediante a realización dunha proba final.

O persoal que non obtivese a cualificación de apto non poderá integrarse definitivamente na escala informática correspondente, quedando aberta a súa participación á concorrencia de novas convocatorias do curso de integración que puidesen realizarse.

Ponderado o grao de asistencia e a cualificación obtida, o director xeral de Organización e Sistemas Informáticos e o director da EGAP elevarán proposta conxunta dos funcionarios que se van integrar definitivamente nas escalas de informática á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

ANEXO I

Común a tódolos grupos:

-Introducción á función informática na Xunta de Galicia.

-As tecnoloxías informáticas e o marco legal.

Módulo común: grupo A e grupo B.

* Enxeñería do software:

Conceptos de enxeñería do software.

Fundamentos do deseño do software.

Programación estructurada.

Programación orientada a obxectos.

Técnicas e estratexias de proba do software.

Documentación.

Mantemento.

* Redes:

Conceptos de redes de computadoras.

Funcionamento da rede Internet.

Servicios da rede Internet.

Xestión de servidores de correo e web.

Denvolvemento de páxinas web en HTML.

Javascript.

XML.

* Seguridade:

Conceptos xerais.

Seguridade física e lóxica.

Introducción á criptografía.

Criptografía de clave pública e privada.

Seguridade en redes NT.

Políticas de seguridade en sistemas multiusuario.

Encriptación en servicios web e correo electrónico.

* Bases de datos relacionais:

Evolución das bases de datos.

Modelo entidade-relación.

Modelo relacional.

Deseño e optimización de consultas.

Módulo específico: grupo A.

* Xestión de proxectos de desenvolvemento do software:

Conceptos de enxeñería do software.

Recursos de desenvolvemento dun proxecto software.

Planificación temporal e organizativa.

Análise de requirimentos.

Fases de deseño.

* Redes:

Protocolos de comunicación en redes de computadoras.

Conceptos de deseño e configuración de redes de computadoras.

Configuración de servidores de correo electrónico, web e FTP.

Rendemento.

* Seguridade:

Seguridade en sistemas operativos Windows e Unix.

Seguridade en redes de datos.

Seguridade en Internet.

* Bases de datos:

Deseño de consultas SQL.

Seguridade en base de datos.

Sistemas transaccionais.

Grupo C.

* Redes:

Conceptos de redes de computadoras.

Funcionamento da rede Internet.

Servicios da rede Internet.

Busca de información.

Desenvolvemento de páxinas web en HTML.

Instalación e configuración de protocolos para acceso a redes.

Instalación e configuración de clientes de correo.

Instalación e configuración de navegadores.

* Seguridade:

Conceptos xerais.

Xestión de usuarios en contornos de rede.

Compartición de recursos en redes locais.

Configuración das opcións de seguridade en programas de rede.

* Bases de datos relacionais:

Linguaxe de consulta SQL.

Sistemas de backup.

Realización de consultas.

Realización de informes.

ANEXO II

Grupo A

Bianchi Valcarce, María Carmen35.919.413

Gómez Duaso, Juan Manuel32.748.188

Juanatey Mayán, Rafael Isaac33.253.457

Remuiñán Suárez, Jorge32.778.651

Grupo B

Armada Rodríguez, Juan Isaías76.409.278

Blasco García, Alfonso32.435.325

Izquierdo García, Mª de los Desamparados36.018.548

Mediavilla Cañibano, Jesús 7.770.215

Paseiro Pardal, Enrique36.021.602

Ramos González, Fidel33.198.601

Castro Cuervo, Ramón 76.341.257

Veiga Cando, Manuel 33.844.937

Grupo C

Albo García, Julián34.253.289

Blanco Canosa, Jesús76.340.527

Blanco Suárez, Laura Elviña32.448.839

Delgado Garrido, Enrique Ramón32.415.695

Docampo Regengo, Juan José35.441.684

Domínguez Pardo, Germán33.237.089

Durán García, Jaime Ramón32.424.120

Fernández Dabouza, Manuel Mauro34.941.118

Freijeiro Moure, María Teresa35.293.283

Garaizabal Fontenla, Fco. Javier32.560.101

Gómez Louzao, Juan Carlos76.354.975

Gómez Ventosela, Ana María34.968.266

González Díaz, María Teresa21.419.641

González Seco, Concepción32.647.009

Martín de Pozuelo Romay, María del Carmen 660.716

Mato Nieto, Jose Ramón33.243.549

Ramos Rey, María José32.391.971

Reboredo Vázquez, Ricardo Antonio35.436.797

Rey Rouco, María Josefa33.308.220

Suárez Romero, Amalia32.420.848

Zas Varela, Jesús Javier33.860.475

Baños Rioja, José Manuel 73.077.366

Pérez Dadín, Xoán Manuel 76.856.818

Casasnovas Calvo, Manuel34.951.562

Nieves Becerra, Francisco Javier33.271.644

Conde Iglesias, Marina 33.310.205