Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CÉDULA do 7 de febreiro de 2000, da Xerencia do Hospital Comarcal Valdeorras do Barco de Valdeorras, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas no anexo os prazos de ingreso en período voluntario e en período executivo por servicios sanitarios prestados neste centro.

Pola presente cédula, e debido a que os debedores comprendidos na relación que a continuación se insire, non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibi-las notificacións

polas persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícase que:

Deberán ingresa-lo importe da débeda na conta bancaria 0046-0247-60-0000055557 nos prazos que se sinalan no artigo 20 do Real Decreto 1684/1990 do 20 de decembro polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación (RXR).

Se se realiza o ingreso unha vez transcorridos os prazos establecidos no dito artigo 20 do RXR, esixiranse os correspondentes xuros de demora, (artigo 21 da Lei de réxime financeiro e presupostario de Galicia).

Transcorridos 6 meses desde a finalización sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo.

Contra esta liquidación poderán interpoñerse no prazo de 15 días, a partir do día seguinte ó desta notificación, recurso de reposición perante o órgano emisor ou reclamación económico-administrativa perante o Tribunal Económico Administrativo da Comunidade Autónoma.

Para que conste, e lle sirva de notificación ó interesado e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

O Barco de Valdeorras, 7 de febreiro de 2000.

Ramón Ares Rico

Director xerente do Hospital Comarcal Valdeorras

Suxeito pasivoDNI/NIFConceptoPeríodoDébeda ptas.

Adolfo Villa García10.565.296Prest. Sanit.20-2-1999/

25-2-1999

250.500

Mario Rodríguez Luaces34.258.413Prest. Sanit.10-5-1999/

10-5-1999

24.840

Lucila Barja Fernández2.586.213Prest. Sanit.29-7-1999/

30-7-1999

24.840

José Juan Sanromán Roade35.981.555Prest. Sanit.13-5-1999/

13-5-1999

24.840