Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2000, da Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos de Ferrol, pola que se anuncia, por tramitación ordinaria, concurso público para a contratación do expediente 1/2000 e tres máis.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa santos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca os seguintes concursos públicos:

Expediente número: 1/2000.

Obxecto: lentes intraoculares e material de oftalmoloxía.

División en lotes, importe lote e fianza provisional:

LoteDenominación loteImporte loteFianza

provisional

1Lente intraocular cámara posterior PMMA1.177.00023.540

2Lente intraocular cámara posterior acrílica2.839.35056.787

3Coiteletes dun só uso383.8747.677

4Coitelete recto dun só uso583.75211.675

5Cánulas697.75013.955

6Suturas oftálmicas988.32019.766

7Escarificador dun só uso148.4402.969

8Microcauterio de usar e tirar115.1203.302

9Campo cirúrxico oftálmico 1,24x1,46 cm.222.5524.451

Totais7.156.158143.122

Importe de licitación: 7.156.158 pesetas (43.009,38 euros) (IVE incluído).

Expediente número 2/2000.

Obxecto: material sanitario xeral.

División en lotes, importe lote e fianza provisional:

LoteDenominación loteImporte loteFianza

provisional

1Desinfectante instrumental manual463.5009.270

2Xelea lubricante476.4859.530

3Frasco caudalímetro dun só uso2.486.68049.734

4Máscaras de osíxeno4.237.35584.747

5Electrodos2.453.96549.079

6Sistema inmobilización ombreiro1.098.00021.960

7Placa prexelada794.97015.899

8Colar cervical448.8008.976

9Termómetro clínico783.88215.678

LoteDenominación loteImporte loteFianza

provisional

10Deterxente instrumental manual enzimático722.25014.445

11Filtro humificador2.275.50045.510

Totais16.241.387324.828

Importe de licitación: 16.241.387 pesetas (97.612,70 euros) (IVE incluído).

Expediente número: 5/2000.

Obxecto: material pulsioximetría dun só uso.

División en lotes, importe lote e fianza provisional:

LoteDenominación loteImporte loteFianza

provisional

1Sonda bolboreta pulsioxímetro18.585.000371.700

2Sonda bolboreta pulsioxímetro nélcor2.366.47247.329

Totais20.951.472419.029

Importe de licitación: 20.951.472 pesetas (125.920,88 euros) (IVE incluído).

Expediente número: 6/2000.

Obxecto: material de limpeza e aseo.

División en lotes, importe lote e fianza provisional:

LoteDenominación loteImporte loteFianza

provisional

1Xel baño dermatolóxico1.715.40034.308

2Colonia baño869.50017.390

3Papel secamáns8.056.482161.130

4Papel hixiénico2.078.49641.570

5Pano de man celulosa592.99211.860

6Esponxa prexeada aseo2.066.40041.328

7Máquina resuradora437.2508.745

8Lixivia común759.00015.180

Totais16.575.520331.511

Importe de licitación: 16.575.520 pesetas (99.620,88 euros) (IVE incluído).

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos. Estrada de San Pedro, s/n, en Ferrol.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Subministracións, Unidade de Contratación.

b) Número dos expedientes: o indicado para cada expediente.

2. Obxecto da contratación.

a) Descrición do obxecto: as arriba indicadas.

b) División en lotes: as empresas licitantes poderán presentar oferta á totalidade da subministración ou a un ou máis lotes por separado.

c) Lugar de entrega: ve-lo punto 1, Servicio de Subministracións.

d) Prazo de entrega: ve-la folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e modalidade de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importes totais: os arriba indicados para cada expediente.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación ou de cada lote ó que se concorre.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame no Servicio de Subministracións do complexo hospitalario. Teléfono: 981 33 45 14. Fax: 981 33 40 84.

7. Requisitos específicos do contratista.

As solvencias económica, financeira, e técnica acreditaranse por algún de entre os documentos sinalados nos anexos I e II do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo límite de presentación: antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ve-lo punto 1, rexistro xeral.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes:

CP 1/2000 e 5/2000: admítese a presentación de variantes. (Punto 3.5 da folla de especificacións do prego-tipo).

CP 2/2000 e 6/2000: non se admite a presentación de variantes.

9. Apertura das proposicións.

Será realizada en acto público pola mesa de contratación, na sala de xuntas do citado complexo hospitalario, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

10. Outras informacións.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data de terminación do prazo sinalado neste anuncio. Transcorridos, con todo, dez días naturais seguintes á indicada data sen ter recibido a mencionada proposición, esta non será admitida en ningún caso.

Os criterios que se seguirán para a adxudicación dos contratos son os que se establecen na folla de especificacións dos pregos.

Prazo de execución do contrato:

CP 1/2000 e 5/2000: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2000.

CP 2/2000 e 6/2000: desde o asinamento do contrato ata o 31 de decembro de 2001.

11. Gastos de anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais será por conta dos adxudicatarios.

Ferrol, 9 de febreiro de 2000.

Pedro Molina Coll

Director xerente do Complexo Hospitalario

Arquitecto Marcide-Profesor Novoa Santos

de Ferrol