Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 2000 Páx. 3.338

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, con tramitación urxente, dun contrato de servicios consistente na impresión e distribución de seis números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: impresión e distribución de seis números da revista Consumidores e de catro boletíns da Axencia Europea de Información ós Consumidores.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2000.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Solvencia económico-financeira e técnica: deberase acredita-la solvencia económica e financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co establecido no artigo 16.1º a) de

LCAP. A solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha declaración do material, instalacións e equipo técnico de que dispoña o empresario para a realización do contrato, tal e como dispón o artigo 19 e) da LCAP.

Orzamento base de licitación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de ptas.) (72.121,453 euros).

Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (240.000 ptas.).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Praza de Europa, 10-A-2º (Edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela-15707.

Teléfono: 981 54 45 12.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: non se esixe.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Praza de Europa 10 A, 2º (Edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas:

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: Praza de Europa 10 A, 2º (Edificio Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións cadra en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe de este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo