Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 8 de febreiro de 2000, da Área de Servicios Sociais da provincia de Lugo, polo que se notifica a resolución dictada sobre a renda de integración social de Galicia relacionada no anexo.

No uso das competencias sobre a renda de integración social de Galicia, regulada pola Lei 9/1991, do 2 de outubro, (DOG nº 191, do 3), galega de medidas básicas para a inserción social; e a Lei 1/1999, do 5 de febreiro, (DOG nº 36, do 25), que modifica parcialmente a Lei 9/1991 e o Decreto lexislativo 374/1991, do 24 de outubro, de desenvolvemento da Lei 9/1991, (DOG nº 214, do 5 de novembro). E en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó ser devolta polo servicio de correos a resolución enviada no seu día, notifícaselle ó citado no anexo a resolución dictada -en relación co seu expediente da renda de integración social de Galiciapor esta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

Contra esta resolución poderá formular, dentro dos dez días hábiles seguintes á data en que se publique este edicto as alegacións e probas pertinentes ante

esta delegación provincial de Sanidade e Servicios Sociais.

Transcorrido o prazo de dez días sen a formulación de alegacións, esta resolución elevarase a definitiva, podendo interpoñer contra ela, dentro do mes seguinte, recurso de alzada perante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, directamente ou a través desta delegación provincial, de acordo co previsto nos artigos 33 e 34 da Lei 1/1999, en concordancia co 114, 116 e 48 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE nº 12, do 14), que modifica parcialmente á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE nº 285, do 27). De conformidade co previsto na Orde do 21 de xullo de 1998, (DOG nº 152, do 7 de agosto), a reclamación do reintegro de prestacións corresponde ós órganos recadadores competentes da Consellería de Economía e Facenda.

Lugo, 8 de febreiro de 2000.

Luis Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Beneficiario: Jesús María Hermida Vidal.

DNI: 33.757.657.

Resolución: extinción da renda de integración social de Galicia e reintegro de prestacións indebidamente percibidas.

Feitos: o interesado non comunicou que empezaba a traballar.

Fundamentos de dereito: artigo 12 e 14 da Lei 1/1999. Artigo 32.e) en relación co artigo 9.1º d) da Lei 1/1999 e artigo 32.e) da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, e demais normativa de desenvolvemento.

Débeda: 491.440 ptas., 2.953,613885 euros (contravalor 1 euro= 166,386 ptas.).