Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 2000 Páx. 3.238

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Montouto. (Expediente 026-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento de Norvento, S.L. con enderezo para efectos de notificacións en rúa Ribadeo, nº 2, entrechán, 27002 Lugo, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Montouto; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 22 de setembro de 1998, Pablo Fernández Castro, en nome e representación de Norvento, S.L. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Montouto, de 20,46 MW, achegando a documentación establecida para efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo do 29 de outubro de 1998, publicada no BOP de Lugo do 19 de novembro de 1998, no diario El Progreso do 19 de novembro de 1998 e La Voz de Galicia do 17 de novembro

de 1998, no DOG do 19 de novembro de 1998 e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Abadín e Muras.

Durante o período de información pública presentouse unha alegación.

Aquilino Cuba Camba, como comuneiro da Comunidade de Veciños Lombo Madeiro-Xistral alega o seguinte:

-Presunta ilegalidade do contrato entre a Comunidade e Norvento, baseada na carencia de dilixencias preliminares para coñoce-las condicións e legalidade do dito contrato.

-Proposta da Comunidade Europea para a creación dun espacio protexido de reserva ambiental na serra do Xistral.

-A non regulación pola Lei de montes en man común do aproveitamento eléctrico, así como a afección do proxecto ó contorno ambiental.

A citada alegación remitiuse á empresa Norvento, S.L. e foi contestada por esta dentro do prazo regulamentariamente establecido.

Terceiro.-O 9 de febreiro de 1999, a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

MontoutoAbadín

Muras

XY

0.616.5304.812.800

0.617.9704.813.140

0.618.3844.810.736

0.616.5974.810.479

0.615.4134.813.034

0.615.9864.813.146

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 31.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Potencia total instalada: 20,42 MW.

Producción anual estimada 68.031 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.564.657.681 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-31 transformadores de 0,690/20 kV, de 630 kVA, situados cada un deles no interior da Torre do aeroxerador.

-Subestación con transformador 20/132 kV de 25 MVA, cunha posición de saída de liña de 132 kV, equipada con elementos de medida, mando e protección.

-1 transformador de tipo seco de 100 kVA, relación de transformación 20 kV/380-219 V., para servicios auxiliares.

Cuarto.-O 7 de decembro de 1999, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la Declaración de Efectos Ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, xa citados.

Segundo.-Á vista da alegación presentada, da contestación dada a ela por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

Non podemos acepta-las alegacións presentadas por Aquilino Cuba Camba, porque:

a) Os posibles contratos que poida realizar Norvento con terceiros non son obxecto deste expediente.

b) A Dirección Xeral de Calidade Ambiental xa aprobou a Declaración de efectos ambientais.

c) A Lei de montes en man común non exclúe o aproveitamento eléctrico deles tal como indica no seu artigo 49 «Execución dos aproveitamentos» parágrafo 4.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizar a Norvento, S.L. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Montouto, que se vai ubicar nos concellos de Muras e Abadín.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Norvento, S.L., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado a partir do outorgamento da presente autorización, unha fianza de 51.293.153 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en cualquera das formas sinaladas

no artigo 1.1º, alínea 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan haberán de realizarse de acuerdo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.564.657.681 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Norvento, S.L. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 7 de decembro de 1999, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por cualquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria