Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2000 pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos administrativos de obra.

Para os efectos do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise público que por resolucións do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), adoptadas en virtude de delegación conferida mediante resolución do presidente do IGVS, do 6 de abril de 1995, foron adxudicados os seguintes contratos administrativos:

1. Título: construcción de 19 vivendas, garaxes e rochos en Abegondo. A Coruña. Expediente: C-98/040.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 19-1-2000.

Adxudicatario: Construcciones Navila, S.L.

Importe: 179.306.157 ptas. (IVE incluído).

2. Título: obra de reparación de cubertas dos bloques R.6.1. e R.6.2. do polígono das Fontiñas. Santiago de Compostela. Expediente: C-99/REP 06.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 19-1-2000.

Adxudicatario: Imaga, S.A.

Importe: 48.340.264 ptas. (IVE incluído).

3. Título: reparación dos bloques 1, 3, 5, 7, 23, 25, 29, 33 e 35 do grupo de VPP da Salgueira. Vigo. Expediente: PO-99/REP 06.

Sistema de adxudicación: concurso aberto.

Data resolución de adxudicación: 19-1-2000.

Adxudicatario: Construcciones Barreiro B., S.L.

Importe: 49.335.470 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo