Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000 pola que se corrixen erros na do 7 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, das obras que se citan. (Expediente CO-12-13-00-01 e cinco máis).

Advertido erro no texto da citada resolución, remitida para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia número 30, do 14 de febreiro de 2000,

DISPOÑO:

1º Face-las correccións que se expresan a seguir:

Na páxina 1.858, punto E) Remodelación da dársena do porto de Corrubedo (Ribeira), no punto 2 letra d) onde di: «Prazo de execución: doce (12) meses», debe dicir: «Prazo de execución: nove (9) meses».

2º O prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e o prazo de apertura de proposicións será ás doce horas do décimo día natural seguinte ó remate do prazo de presentación. En caso de que os devanditos días coincidan en sábado ou festivo, o prazo de admisión e apertura das proposicións será o día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do ente público Portos de Galicia