Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da resolución do expediente sancionador en materia de caza C-31/1999, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expe

dientes, por infracción á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro de 1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo dun mes contando desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia. De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para proceder ó aboamento da sanción, deberá utiliza-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 70-1ª planta.

Lugo, 25 de xaneiro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-31/1999.

Denunciada: Amable González Mon.

DNI: 76.574.201.

Último enderezo coñecido: c/ Nicolás Cora, nº 34-1º. Viveiro. Lugo.

Feitos imputados: infrinxi-lo disposto no artigo 10 da orde de vedas do 28 de xullo de 1998 (DOG do 10 de agosto), ó adestrar catro cans de caza en época de veda e sen permiso de couto. Feitos constatados o día 3-4-1999 no couto LU-10.004. Corruxedo. Navia de Suarna.

Preceptos infrinxidos: 57.13º.

Cualificación da infracción: leve.

Sanción: 10.000 ptas.