Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.164

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro do 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente sancionador de caza C-121/1999, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1997, de caza en Galicia, do 25 de xuño (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo director xeral da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8 de xaneiro de 1998, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda de la Muralla, 70, e presenta-las alegacións e documentos que considere convenientes na súa defensa. Así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 18 de xaneiro de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-121/1999.

Denunciado: Elisardo García Silva.

DNI: 33.821.535-N.

Enderezo: r/ Vilar de Donas-Palas de Rei-Lugo.

Feitos imputados: cazar en lugares prohibidos, ó facelo nunha superficie afectada por un incendio (Monte de Sambre), dunha extensión superior a unha hectárea, que ardeu hai menos de dous anos da apertura da tempada da caza. Feitos constatados o día 14-11-99, ás 12.45 h no couto LU-10.105, LU-10.095 e LU-10.072. Monterroso.

Preceptos infrinxidos: 58.1º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 100.001 ptas.

Retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela dun ano e un día desde que a resolución sexa firme.