Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.154

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se anuncia a poxa de bens inmobles.

Providencia: autorizado por acordo desta dirección xeral, con data do 10 de xaneiro de 2000, o alleamento en pública poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Antonio Daniel Meilán Seijas, NIF: 33.303.428A, que a continuación se describen:

Lote 1: piso 2º dereita sito na r/ Galicia, s/n de Lugo (superficie construída 123,74 m), Ref. catastral 8128055PH1682N 0012, tomo 1294, libro 855, predio 43653 e garaxe, sinalado co nº 2, situado no semisoto do mesmo edificio. Ref. catastral 8128055PH1682N, tomo 1294, libro 855, predio 43601.

Tipo: 7.864.956 ptas. e de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 90/1997, do 10 de abril, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

Fago saber que o día 28 de marzo de 2000, ás 10 horas, no salón de actos de presidencia: Edificio Administrativo Múltiple, r/ Ronda da Muralla, nº 62-Lugo, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, realizarase a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte.

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que

consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

3. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas de procedemento.

4. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

5. Que se admitirán ofertas en sobre pechado, debendo axustarse ó disposto no punto 3 do artigo 147 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que se realizará unha segunda licitación cando a mesa, ó remata-la primeira, o xulgue pertinente, así como que se poderá realiza-la súa adxudicación directa cando os bens non fosen adxudicados na poxa.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos