Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 2000 Páx. 3.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de subministración para adquisición de equipamento deportivo para zona de caída de salto de pértega de alta competición, para as pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato

ó que se refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Adquisición de equipamento deportivo para zona de caída de salto de pértega de alta competición, para as pistas de atletismo do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra.

a) Lote único. Integrado por:

a.1) Un somier de estructura metálica.

a.2) Unha colchoneta.

a.3) Un cobrecolchoneta.

a.4) Un xogo de saltómetros de pértega.

a.5) Dous listóns de pértega.

a.6) Un medidor de pértega.

a.7) Garaxe metálico.

2.2. Lugar de entrega.

Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Pontevedra.

2.3. Prazo de entrega.

Corenta e cinco días desde a sinatura do contrato.

3. Orzamento base de adxudicación.

Tres millóns seiscentas dúas mil trescentas oitenta (3.602.380) pesetas.

4. Garantías.

Garantía provisional: setenta e dúas mil corenta e oito (72.048) pesetas.

Garantía definitiva: cento corenta e catro mil noventa e cinco (144.095) pesetas.

5. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (estadio multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 26 26. Fax: 981 54 26 39).

As fotocopias dos pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas poderán ser solicitados directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono: 981 59 03 02.

6. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13º) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos. San Lázaro. 15890 - Santiago de Compostela. Fax: 981 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos

previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: admitiranse as sinaladas no prego de prescricións técnicas.

7. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do segundo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (estadio multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

8. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, o da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde do 22-2-1999)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte