Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para contratación de servicios de prevención nas especialidades de seguridade no traballo e medicina no traballo.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación de servicios de prevención nas especialidades de seguridade no traballo e medicina no traballo, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, con tipo máximo de licitación de 3.903.114 ptas. por ano de vixencia para cada un dos concursos. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 23 de febreiro de 2000.

O presidente

Rubricado