Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para a prestación de asistencia sanitaria ó persoal da Deputación Provincial de Ourense.

No BOP de Ourense do día da data publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación de asistencia sanitaria ó persoal da Deputación Provincial de Ourense, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente, con tipo de licitación de 3.000 ptas. para o módulo de especialistas e 2.500 ptas. para o módulo de hospitalización por beneficiario e mes, co IVE incluído. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do

décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.

Ourense, 23 de febreiro de 2000.

O presidente

Rubricado