Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: R.B.T. en Regosanguento.
Situación: Xove.
Descricións técnicas: rede de baixa tensión en conductor R.Z.-95 grampado sobre fachadas cunha lonxitude de 470 m.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 20 de xaneiro de 2000.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo