Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 2000 Páx. 3.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as resolucións de recursos interpostos contra os expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-00361-I-1998).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalaron no anexo, as resolucións dos recursos interpostos contra as resolucións sancionadoras recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, que se transcriben definitivas en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior

de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 de Argentaria, Caja Postal y Banco Hipotecario, S.A. sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 7 de febreiro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

-Resolución

recurso

XC-00361-I-1998

PO-7413-AF

Inspección Ttes.

Antonio Román Vila

Santo André de Comesaña, Casas, nº 9

36213 Vigo (Pontevedra)

Furgoneta mixta circula transportando catro reses de gando, das que consta o número de identificación sen acreditarse as súa titularidade. Carece de tarxeta de transporte.

15-4-1998; 10.55; N-550; 60

Art. 141 O) en relación 140 A) da Lei 16/1987 e Art. 198 P) en relación 197 A) do R.D. 1211/1990 90 Lei 16/1987 41 R.D. 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/199050.000 ptas.Inadmisible