Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO de licitación.

Por medio de acordo adoptado pola Comisión de Goberno con data do 1 de febreiro de 2000 foi convocado o seguinte concurso:

a) Entidade adxudicadora: Concello de Sarria (Lugo).

b) Obxecto do contrato: as seguintes adquisicións:

Lote 1: escenario móbil desmontable.

Lote 2: carpa de estructura metálica.

c) Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

d) Orzamento de licitación:

Lote 1: 1.500.000 ptas.

Lote 2: 2.5000.000 ptas.

e) Garantía definitiva: 4% do prezo do contrato.

f) Obtención de documentación: Concello de Sarria, rúa Maior, 14, teléfono: 982 53 50 00, fax: 982 53 09 16.

g) Prazo de presentación de proposicións: trece (13) días naturais contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncnio no DOG.

h) Documentación: a especificada no prego de cláusulas.

i) Apertura de plicas: ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó do remate de presentación de proposicións.

j) Gastos de anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.

Sarria, 24 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado