Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Lugo, en sesión ordinaria do día 9 de decembro de 1999, aprobou inicialmente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos afectados polas obras de urbanización dos accesos ó Centro Sanitario Policlínico Lucense, S.A. (Polusa), aprobando os seguintes documentos que regulamentariamente o integran:

a) Determinación do ámbito territorial.

b) Fixación de prezos coa clasificación razoada do solo.

c) Follas prezo xusto individualizadas de cada predio.

A superficie que se expropia é a valoración total ascendente á cantidade de 370.843 ptas., incluído o 5% do premio de afección, é a seguinte:

Predio: 1.

Propietario: José Armeso López, r/ 18 de Xullo, nº 41-2º Esqu.

Superficie: 52 m.

Valoración: 370.843 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 219.2º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime do solo e ordenación urbana e artigo 145.2º e 3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o proxecto de expropiación, xunto cos documentos que se sinalan, expóñense ó público polo termo dun mes, para que quen poida resultar interesado, formule as alegacións e reclamacións que estime convenientes ós seus dereitos.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que puidesen resultar descoñecidos os efectos de legal notificación, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei de procedemento administrativo do 26 de novembro de 1992.

Lugo, 21 de decembro de 1999.

O secretario

Rubricado

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado da área