Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.054

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro 2000 pola que se anuncia concurso público aberto e urxente para a contratación dos servicios de secretaría técnica e apoio loxístico no ámbito da organización do VII Foro Bolívar.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto e urxente para a contratación dos servicios de secretaría técnica e apoio loxístico no ámbito do VII Foro Bolívar da empresa latinoamericana e europea.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo de San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, telefono: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: CP nº 04/00.

2. Obxecto do contrato: servicios de secretaría técnica e apoio loxístico no ámbito do VII Foro Bolívar da empresa latinoamericana e europea.

Período de vixencia: ata o 30 de xullo do ano 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 26.750.000 ptas. (vinteseis millóns setecentas cincuenta mil pesetas), incluído o imposto sobre o valor engadido (IVE), desagregando nos seguintes lotes.

Lote 1.-Servicios de secretaría técnica: 22.750.000 ptas., IVE incluído.

Lote 2.-Servicios de loxística de apoio: 4.000.000 de ptas., IVE incluido.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación do lote ou lotes ós que licite.

6. Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría C.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: complexo administrativo de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

8. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das ofertas.

9. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 11 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 11 horas do décimo día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidiren en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica