Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 25 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de acordo de inicio de expediente sancionador á promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A. de Lugo (expediente 1/2000).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 1/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Jesús Escarda Fernández, contra a promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., finalizando este trámite co acordo de inicio de expediente sancionador por non efectua-las obras de reparación no garaxe anexo á vivenda dos denunciantes do 5º B da casa nº 32 da rúa Angelo Colocci de Lugo.

O citado acordo é do seguinte teor:

Acordo de inicio de expediente sancionador 1/2000:

Vista a denuncia presentada por Jesús Escarda Fernández, da vivenda 5º B da rúa Angelo Colocci, 32 desta cidade de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

Primeiro.-Con data do 17 de marzo de 1998, Jesús Escarda Fernández formulou denuncia ante esta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción na vivenda 5º B do inmoble citado.

Segundo.-Consecuentemente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 16/1998, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., para que efectuase as repa

racións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para a remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

O requirimento foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia con data do 8 de novembro de 1999, por encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.

Terceiro.-Non existe constancia nesta delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de que a promotora denunciada atendera o requirimento feito de reparación do garaxe anexo á vivenda do denunciante.

Fundamento de dereito

1. É competente para a resolución deste expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. En particular e segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días, contados desde a notificación deste acordo, para achega-los documentos ou as informacións que consideren convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. Os feitos indicados poden ser constitutivos de infracción administrativa tipificada na letra e, 6 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda, da que aparece como presunto responsable a promotora inmobiliaria Cruceiro, S.A., podendo corresponder unha sanción de 500.001 ptas. e inhabilitación para participar en promocións de vivendas de protección oficial durante o prazo máximo de 6 anos, sen prexuízo do que resulta da tramitación deste procedemento.

5. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o recollido nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, esta delegación

ACORDA:

1. Incoa-lo procedemento administrativo sancionador contra a promotora Cruceiro, S.A., como presunta responsable dos feitos sinalados.

2. Nomear instructor do expediente a Francisco Centeno Márquez, xefe da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo, e como secretario a Ángel Negrete Rico, inspector da Sección de Inspección e Sancións do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

3. Conceder un prazo de quince días para que os interesados acheguen cantas alegacións, documentos e informacións consideren convenientes e, de se-lo caso, propoñan proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Comuníqueselle este acordo ó órgano instructor, con traslado de tódalas actuacións practicadas, e notifíqueselles ós interesados, entendendo en todo caso como tal o inculpado, con mención expresa dos requisitos esixidos polo artigo 58.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 25 de xaneiro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo