Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.042

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NOIA

EDICTO (103/1999).

En virtude do acordado por Pura Caaveiro Ameneiro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas

número 103/1999 que se segue perante este xulgado sobre inxurias e ameazas, cítase o denunciado, Alberto Hermida Romero, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o vindeiro día 27 de marzo, ás 13 horas, co obxecto de asistir á realización do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba das que se tente valere, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; poderá ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a asino este edicto en Noia o once de febreiro de dous mil.

A secretaria

Rubricado