Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 06 de marzo de 2000 Páx. 3.042

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONT.-ADMTIVO., SEC. 2ª)

EDICTO (6285/1996).

Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Justicia de Galicia, certifica que no recurso que logo se dirá recaeu a resolución que literalmente copiada é como segue:

«Auto.

Sala do Contencioso-Administrativo.

Señores:

José María Arrojo Martínez, presidente.

Carlos López Keller.

José Antonio Méndez Barrera.

A Coruña, 7 de febreiro de 2000.

Feitos.

Único.-Neste recurso contencioso-administrativo nº 6285/1996, interposto por Antonio Javier Ferreira Fernández contra a Dirección Xeral de Tráfico, en trámite de execución de sentencia con data do 20 de outubro de 1998, recaeu providencia pola que se acordou o arquivo deste recurso.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-O recurso de súplica non ten ningunha posibilidade de ser atentido e, en realidade, xa non

debeu ser admitido a trámite por falta de obxecto; a providencia contra a que se recorreu acordaba o arquivo da executoria por entenderse cumprida a sentencia firme recaída e o recorrente, na súa súplica, pretende que se lle entregue o expediente gobernativo para poder deducir demanda.

Vistos os artigos de xeral e pertinente aplicación ó caso, a sala acorda desestima-lo recurso de súplica interposto polo letrado Sr. Pereira Fernández contra a providencia do 20 de outubro de 1999, sen custas.

Acordárono e asínano os señores indicados no inicio».

E para que conste e para súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Antonio Javier Ferreira Fernández, expido e asino este edicto na Coruña, o sete de febreiro de dous mil.

Rubricado