Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.968

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-80/1999 e 151/1999 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as propostas de resolución dictadas pola instructora nos expedientes que por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia, se están tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se apro

ba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 21 de xaneiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-80/1999.

Denunciado: Fermín Eireos Álvarez.

Domicilio: Antonio Ríos 72-2º B, A Coruña.

DNI: 35.549.988

Feitos denunciados: pescar con cana en río salmoneiro e de reo de forma que o pescador e o cebo

se sitúa a menos de 50 m do pé dunha presa. O denunciado encontrábase pescando a 10 m do pé da presa da Freixa. Feitos denunciados ás 9.10 horas do día 4 de maio de 1999 no río Tea do concello de Ponteareas.

Data do acordo da incoación: 23-6-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 4-1-2000.

Precepto infrinxido: 34.7º, da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, da pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 50.001 ptas.

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de Medio Ambiente Natural no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Expediente: P-151/1999.

Denunciado: Viales y Puentes.

Domicilio: Viso de Calvos, 41, Sabarís, Baiona.

DNI:

Feitos denunciados: esgota-lo volume de auga circulante polo leito do río por unha obra feita na súa canle (pequena presa), empregando nesta substancias tóxicas (cemento), derivando danos na riqueza piscícola (mortandade de troitas). Feitos denunciados ás 10 horas do día 14 de xullo de 1999, no río Carancouba/Miñor, ó seu paso por Devesa-Sabarís, do concello de Baiona.

Data do acordo da incoación: 24-8-1999.

Alegacións á incoación: non presenta escrito no seu descargo.

Data da proposta de resolución: 14-12-1999.

Precepto infrinxido: 35.9º e 36.7º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 35 e 36 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Sanción: 6.100.000 ptas.