Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público aberto, por tramitación de urxencia, para a contratación dunha asistencia técnica para a prestación do servicio de información e orientación técnica para a realización da declaración sobre a renda das persoas físicas, mediante o programa Padre, en centros localizados na Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 7/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación dunha asistencia técnica que permita ofrecerlles ós contribuíntes, a través de cita previa, un servicio completo de información e orientación técnica tributaria para a realización da declaración sobre a renda das persoas físicas, correspondente ó exercicio 1999, mediante o programa Padre.

b) Lugar de execución: realizarase segundo a distribución territorial que se indica no prego de prescricións técnicas.

c) Prazo de execución: o servicio de información tributaria sobre a renda e o patrimonio entrará en funcionamento o 2 de maio de 2000 e prolongarase ata o 30 de xuño de 2000, ámbolos inclusive, se ben durante o mes de abril levarase a cabo un período de formación específico de 50 horas de duración dirixido a 33 das persoas seleccionadas pola empresa. O dito período de formación considérase para tódolos efectos incluído no período de execución deste contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catorce millóns trescentas corenta e oito mil corenta pesetas (14.348.040), 86.233,46 euros.

5. Garantías.

Provisional: 286.961 pesetas, 1.724,67 euros.

Definitiva: 573.922 pesetas, 3.449,34 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario (Habilitación de pagamentos).

b) Domicilio: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: solvencia económica: artigo 16 a), b), c) da Lei 13/1995, do 18 de maio. Solvencia técnica: artigo 19 a) b) da Lei 13/1995, do 18 de maio.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula do PCA.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15771 Santiago de Compostela.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, rúa San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 13 horas do terceiro día natural, que non coincida en sábado ou día inhábil, seguinte ó de finalización do prazo de presentación das proposicións.

c) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda