Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 03 de marzo de 2000 Páx. 2.950

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (127/1999).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado nos autos de xuízo de divorcio (5*), seguidos neste xulgado baixo o número 127/1999, por instancia de Gumersinda Ferreiro Arán, representada por José Andrade Suárez (de oficio), dictouse a seguinte sentencia co encabezamento e decisión do teor seguinte:

Sentencia nº 13/2000.

En Negreira, quince de xaneiro de dous mil.

Juan José Rodríguez-Segade Villamarín, xuíz de primeira instancia desta vila e o seu partido, vistos os autos de xuízo de divorcio nº 127/1999, tramitados consonte as normas da disposición adicional quinta da Lei 30/1981, do 7 de xullo, por instancia de Gumersinda Ferreiro Arán, maior de idade, casada, veciña de Santa Comba, con domicilio en Grixoa, representada polo procurador José Andrade Suárez e dirixida polo letrado Manuel Romero Rey, contra Antonio Vilas Ferrol, maior de idade e en ignorado paradoiro.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta polo procurador José Andrade Suárez, en nome e representación de Gumersinda Ferreiro Arán, contra o seu esposo Antonio Vilas Ferrol, declaro disolto, por divorcio, o matrimonio de ámbolos cónxuxes, acordando respecto dos seus bens a disolución do réxime económico matrimonial, con efectos de determinar en execucion de sentencia se así se solicita; todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

En canto sexa firme esta resolución, contra a que cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provinical da Coruña no prazo de cinco días desde a data da súa notificación, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil de Santa Comba, ó que se lle xuntará testemuño desta, co fin de que proceda a anota-la súa parte dispositiva na correspondente inscrición de matrimonio.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Antonio Vilas Ferrol, en paradoiro descoñecido e incerto e para

a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino este edicto en Negreira o 15 de xaneiro de 2000.

Rubricado