Vistas e examinadas as solicitudes dos participantes no concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia convocado pola Orde do 1 de decembro de 1999 (DOG número 235, do 7 de decembro), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aproba-las relacións provisionais de solicitantes admitidos e excluídos no concurso 5/1999, para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia.
Ambas relacións atópanse expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos das súas delegacións provinciais e oficinas comarcais, na Dirección Xeral da Función Pública e no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.
Os solicitantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, para
formular, se é o caso, as alegacións pertinentes, de conformidade co establecido na base V.2.
Os solicitantes que dentro do prazo sinalado non corrixan os defectos motivo da exclusión serán definitivamente excluídos.
Así mesmo, os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública